martes, 10 de agosto de 2010

Cálculo numérico

Coas cifras 4, 3, 5 e 9 e as operacións de sumar, restar, multiplicar ou dividir aproximarse o máis posible ó número 123.

Nomes propios de persoa

Escribe nomes propios de persoa que conteñan as letras R e S.

Exemplos:
Servando, Rosario...

viernes, 6 de agosto de 2010

Solución ó acertixo

Un problema de moedas:
Teño 32 moedas aparentemente iguais, pero unha delas pesa máis que as outras.
¿Cantas pesadas teño que facer como mínimo cunha balanza de pratiños para atopa-la moeda defectuosa?
Solución:
Deberei facer 5 pesadas poñendo sucesivamente na balanza grupos de
16 moedas nun pratiño e 16 no outro ;
8 e 8;
4 e 4;
2 e 2;
1 e 1;

Rompecacholas con cartas

Collemo-los ases, reis, cabalos e sotas da baralla española que consta de catro paos (ouros, copas, espadas e bastos). Debemos formar coas 16 cartas un cadrado de 4X4 de xeito que en nengunha fila, en nengunha columna , nen nas diagonais haxa máis dunha carta do mesmo pao ou do mesmo valor.
¡¡Paciencia, podemos tardar en conseguilo!!

jueves, 5 de agosto de 2010

Apuntes para exercicios de agudeza visual

Neste caso trátase de averiguar cantos obxectos hai:
- recoñecelos;
- contalos;
- nomealos (traballar sobre o nome das cousas);
Logo podemos facer unha lista con tódolos nomes dos obxectos que lembramos.

Apuntes para crear rompecacholas

Podemos faclos con material de desfeita. Tamén podemos aprenderlle ás propias persoas maiores a facelos e mesmo a crealos.