viernes, 16 de enero de 2015

Solución a léxico

Escribe nomes de oficios que rematen en –ISTA e comecen por vogal.
Exemplos:
Analista, electricista...

Anestesista, antenista, ebanista, instrumentista, oculista, artista, articulista, acordeonista, almacenista, arpista, escaparatista, economista, estilista, especialista...

Charada

Trátase de buscar unha palabra a partires das pistas sobre as súas sílabas.
CUARTA-PRIMA: Utensilio de limpeza;
TERCIA-CUARTA: Prefixo referente á pel;
PRIMA-SEGUNDA: Diminutivo feminino;

TODO: O elefante é un;

Pirámide

Engade unha letra en cada paso.

e
re
reo
creo
coree
recoce
coñecer
coñecera
coñecería
recoñecida
recoñecidas
descoñecería
descoñecerías
descoñeceríaos
descoñeceríanos
descoñeceríanmos


Solución a arte combinatoria

Helena dispón de dous pares de tenis (brancos e azuis), dous pantalóns (vaqueiro e pirata) e catro camisetas (branca, azul, laranxa e verde).
¿De cantas maneiras posibles pode vestirse Helena?
Solución:
2x2x4=16 maneiras;


Cambiar unha letra

Cambia unha letra en cada paso seguindo o exemplo.

ACTOR – AUTOR – AUTOS – ALTOS – ALTAS...

Formar palabras - Agudeza visual

Forma palabras de tres ou máis letras coas letras

N A R O T L
E N M S O
C A U B N O

Cada letra só se pode empregar unha vez. Non deben quedar letras sen usar.


Solución a xogando coas palabras

Escribe palabras que só conteñan a consoante R.
Exemplos:
Aire, aéreo...

Urea, airea, airéaa, airéao, aireou, area, área, roe, era, érao, erro, errou, ría, río, Iria (nome), áurea, uro, oír, ara, aro...

Categorización

Ordena por categorías as seguintes palabras:

Pinzas, portugués, patacas, inglés, tomate, ritmo, ostras, ruso, abano, sopa, sueco, bulso, lunfardo,  botas, composición, caixa,  harmonía, espello, reloxo, fandango, árabe, concerto, catalán, tango, empanada, bolero, finés, pentagrama, galego, chisqueiro, italiano, culler, partitura, pan, laranxa, ovos, lapis, chinés, tenor,  queixo, solfa, coador. 

Sopa de letras

Localiza as palabras relacionadas co tema.
Tema: Linguas;

A
S
E
U
G
U
T
R
O
P
Z
A
X
M
E
D
E
A
S
E
O
L
O
C
N
S
E
K
U
K
S
E
C
S
E
C
N
A
R
F
O
M
E
L
O
T
I
R
O
I
D
A
G
A
L
E
G
O
U
N
E
N
V
A
L
U
R
A
D
E
I
O
F
U
X
T
E
H
A
S
R
D
A
Ñ
B
N
G
L
S
O
A
H
E
B
R
E
O
Q
G
E


Solución a agudeza visual

Busca palabras de 6 ou máis letras que teñan tódalas letras distintas.
Exemplos:
RUMIANTES (9 letras)
CULEBRÓNS (9 letras)
...
GUMERSINDO (10 letras)
EXPLOSIVA (9 letras)
DEPUTADOS (9 letras)
DISPUTADO (9 letras)
PRUDENCIO (9 letras)
FUENCISLA (9 letras)
DOMINARSE (9 letras)
PROFUNDAS (9 letras)
PRESUMIDO (9 letras)
ESCULPIDO (9 letras)


Creatividade

Escribe unha historia coas seguintes palabras:
Ovos – distancia – bastón – temperatura – atril – xuño – caixa – conferencia – azul – encantador – armario – número – ameaza – coco – camisa – invento – cadelo – permiso;

Total: 18 palabras;

Refraneiro

Comenta algún dos seguintes refráns, ditos ou expresións da fala popular.
  • Quedar para vestir santos;
  • Te-lo ramo cativo;
  • Vengan días y caigan panes;
  • No pecado vai a penitencia;
  • Tres pés para un banco;
  • Carto gañado, carto papado;
  • Non hai lúa clara coma a de xaneiro;
  • O Sol de marzo queima á dama no palacio;
  • Un cravo quita outro cravo;
  • O sol da porta non quenta;

Solución a ordenar palabras

Ordena as seguintes palabras segundo o número de sílabas:
CARDIOLOXÍA – MEXICANO – ÓSO – MEMORIA – MEDICAMENTO – AUTORIDADE – MEL – ESCOLARIZACIÓN – NAI – DESENVOLVEMENTO – ONDA – DOCUMENTADO – INVISIBILIDADE;
  
Solución:
sílabas
palabras
1
MEL, NAI
2
ÓSO, ONDA
3
MEMORIA
4
MEXICANO
5
CARDIOLOXÍA, MEDICAMENTO, AUTORIDADE,
 DOCUMENTADO
6
ESCOLARIZACIÓN, DESENVOLVEMENTO
7
INVISIBILIDADE


Camiño

Coloca os números do 1 ó 16 na grella de xeito que números consecutivos ocupen celas contiguas, pero non en diagonal.



1
2
16








9




Relacionar palabras

Relaciona cada palabra da columna esquerda cunha palabra da columna dereita seguindo o exemplo.

deporte
dádiva
habilidade
paz
cor
agasallo
arte
diversión
confidencia
bebida
pan
intimidade
golf
harmonía
festa
mercado
verde
queixo
produto