miércoles, 28 de octubre de 2009

Xogo de grupo: palabras encadeadas

Material necesario: ningún;
Nivel de dificultade: baixo
Desenvolvemento do xogo:
Os participantes séntanse formando un corro; o que está sentado inmediatamente á dereita da persoa que dirixe o xogo di unha palabra, p.e., marítimo, e o que está a súa dereita debe dicir unha palabra que comece coa sílaba MO, p.e., movemento, e así sucesivamente ata que alguén di unha palabra tal que coa súa última sílaba non podemos formar palabra algunha.

Exemplo:
marítimo, movemento, tomate, tema, matemáticas, castelo, lote, telón, longaniza, zapato, todo, domador, dormido, dominó, notable, bledo, doce, cedo, dono, novela, laca, calamar, marco, comer, mercar, carbón, etc.

martes, 27 de octubre de 2009

Xogo de grupo: telentendengue paralelepípedo

Material necesario: ningún;
Desenvolvemento do xogo:
Os participantes séntanse formando un corro; a partires do que está sentado inmediatamente á dereita da persoa que dirixe o xogo e no sentido contrario ó xiro das agullas do reloxo, empezan a contar desde o 1 ata o 100, sustituíndo o 7 por telentendengue e o 9 por paralelepípedo;
Por exemplo:
1, 2, 3, 4, 5, 6, telentendengue, 8, paralelepípedo, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, dez e telentendengue, 18, dez e paralelepípedo, 20, 21..., vinte e telentendengue, 28, vinte e paralelepípedo, 30... telentendengue un, telentendengue dous... telentendengue telentendengue, telentendengue oito, paralelepípedo, 80, 81...

Para incrementa-la dificultade do xogo e conquerir un maior nivel de atención, cada vez que alguén di algunha das palabras telentendengue ou paralelepípedo podemos cambia-lo sentido da participación.
Con palabras de difícil pronunciación a meirande parte dos participantes trabucaranse, de xeito que o xogo tamén se pode empregar nos obradoiros de risoterapia.
Tamén podemos escoller palabras máis sinxelas como burato e penedo, por exemplo, ou sustituír outros números, o 3 e o 8, poñamos por caso, percurando que sexan primos entre si, pois doutro xeito sempre lle tocará a sustitución ás mesmas persoas.

Categorización: solución

Unha posible categorización é a seguinte:
ANIMAIS:
oso, balea, serpe, paspallás, cabalo, píntiga, morcego, cuco,ovella,
PINTURA:
bodegón, pincel, cadro, marco, lenzo, carbón, paisaxe,
COMPLEMENTOS:
reloxo, bota, anel, bufanda, lubas, cinto, sombreiro, bolso,
RECIPIENTES:
xerra, porrón, cántaro, balde, sella, bocoi, botella,
MATERIAIS:
cartón, papel, madeira, aceiro, ferro, plástico, la, prata, óso.

As palabras lenzo e carbón tamén poderían ser consideradas como materiais.

lunes, 26 de octubre de 2009

Buscar palabras: solución

Palabras con catro O
Exemplos:
podólogo, cloroformo...
bochornoso
comodoro
corroboro
cosmólogo
doloroso
fosforoso
homólogo
horóscopo
horroroso
locomotor
monólogo
monótono
octógono
oloroso
oncólogo
ortodoxo
tocólogo
topólogo

Teorema das catro cores (2)

Colorea empregando só catro cores


Categorización

Ordea por categorías as seguintes palabras:

oso, bodegón, reloxo, xerra, cartón, bota, balea, pincel, papel, anel, serpe, porrón, madeira, paspallás, cadro, cinto, aceiro, cabalo, píntiga, marco, cántaro, morcego, bufanda, ferro, paisaxe, balde, cuco, lubas, plástico, ovella, lenzo, sombreiro, carbón, sella, bolso, la, bocoi, prata, botella, óso.

Buscar palabras

Escribe palabras que teñan 4 veces a vogal O
Exemplos:
podólogo, cloroformo...