Era mércores; amañecera con brétema, pero ó mediodía quentaba o Sol, tanto que era preciso buscar unha sombra baixo a que protexerse. pero iso non era difícil, os tres grandes magnolios situados na cara oeste da praza proporcionaban ós camiñantes un bo lugar de abrigo no que consultar mapas, roteiros e guías, anotar as incidencias da mañá nos cadernos de bitácora ou escribir algunha tarxeta postal, que tardaría máis en chegar ó seu destiño que o viaxeiro en voltar ó seu país de orixe.
O que se botaba de menos era unha fonte cantareira, non tranto para apaga-la sede, que para iso estaban as augas embotelladas, senón polo seu mamullo adormecedor e reconfortante.
PREGUNTAS:
- ¿Que día da semá era?
- ¿Cantas árbores había?
- ¿Que tipo de árbores?
- ¿Que temperatura había ó mencer?
- ¿A que hora do día se refire o relato?
- ¿En que lugar da cidade nos atopamos?
- ¿Que soían facer os camiñantes que se detiñan nese lugar?
- ¿Que se botaba de menos na praza?
- ¿En que cidade nos atopamos?
- ¿Quen relata a historia?
No hay comentarios:
Publicar un comentario