A Charada é un acertixo que consiste en averiguar una palabra (TODO) a partires
das pistas que se proporcionan sobre as súas sílabas e a combinación das
mesmas.
As sílabas
identíficanse coma PRIMA, SEGUNDA,
TERCIA, CUARTA, QUINTA…; e ás combinacións silábicas referímonos coma PRIMA-SEGUNDA,
CUARTA-TERCIA, TERCIA-PRIMA, PRIMA-CUARTA-TERCIA…
Exempro:
TODO
|
Barcelona
|
PRIMA
|
bar
|
SEGUNDA
|
ce
|
TERCIA
|
lo
|
CUARTA
|
na
|
SEGUNDA-PRIMA
|
cebar
|
CUARTA-SEGUNDA
|
nace
|
Etc.
|
As Charadas aparecen ás veces na sección
de Pasatempos dalgúns xornais ou
revistas. Moitos dos alumnos descoñecían a mecánica deste acertixo, así que non
tentaran nunca de resolvelo.
Por iso elaborei algunhas sinxelas coma as seguintes:
TERCIA-PRIMA: árida, sen auga;
TERCIA-CUARTA: cogumelo;
CUARTA-PRIMA-CUARTA: para aprender a
andar;
TERCIA-SEGUNDA: só a medias;
Se atopou SE-CA, SE-TA, SE-MI, TA-CA-TÁ, a solución
será CAMISETA;
Outra máis:
PRIMA-SEGUNDA: A nai colle nel ó meniño
cando chora;
PRIMA-CUARTA: Algúns compositores
empregan ese recurso;
CUARTA-TERCIA: Donará, entregará;
TERCIA-SEGUNDA: Pouco tupido;
Debe atopar: CO-LO, CO-DA, DA-RÁ e
RA-LO;
Así que a solución é COLORADA;
No hay comentarios:
Publicar un comentario