Os problemas de parentesco soen resultar altamente
difíciles para os adultos maiores. Nembergantes eles nas súas conversas
empregan fórmulas complexas para referirse a persoas da súa familia; por
exemplo: “A IRMÁA DO HOME DE MIÑA CUÑADA”,
“O SOBRIÑO DE MEU CUÑADO”, “OS CURMÁNS DA MULLER DE MEU PRIMO”, ETC., de tal xeito que seguir o fío da conversa
require ás veces unha importante dose de atención e de axilidade mental. Estas fórmulas
complexas teñen como principal finalidade a de diferenciar o parentesco
consanguíneo do parentesco “político” (o que se adquire por matrimonio): “AS SOBRIÑAS DO MEU HOME”, poñamos por
caso.
Tamén se empregan outras fórmulas coma “O XENRO DA MIÑA COMADRE”, de máis difícil
comprensión aínda para os máis novos, nas que ademais do parentesco
consanguíneo e o parentesco político, aparece tamén o espiritual, aquel que se
establece entre os padriños do bautizo co bautizado e a súa familia (PADRIÑO/MADRIÑA, AFILLADA/O,
COMPADRE/COMADRE),
O uso destas expresións soe ser tanto máis frecuente
canto máis avanzada é a idade da persoa e canto máis próxima está esta á
cultura tradicional, na que a familia se considera nun sentido extenso.
Os problemas de parentesco teñen como obxectivo o
recoñecemento dos vínculos que se indican e a súa sustitución por outra
expresión máis sinxela.
Exemplos:
María é filla do irmán da nai de Xosé.
María é ___________ de Xosé.
Pedro é neto da nai do pai de Xan.
Pedro é __________________ de Xan.
Xan é fillo da filla do pai de Pedro.
Xan é ____________ de Pedro.
Pedro é pai da muller do fillo de Xan.
Pedro é ________________de Xan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario