Os venres saía do traballo ás oito e media.
Habitualmente quedaba con algúns amigos para tapear e despois tomar unha copa
nalgún local no que se escoitara boa música e, ó mesmo tempo, se puidera falar
cos compañeiros sen que fora preciso berrar. Non trasnoitaba moito porque lle
gustaba aproveita-la mañán do sábado para ver algunha exposición e logo ir ó
mercado sen presa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario