Matilda foi a
primeira en chegar; logo viñeron Martiño e máis Sonia. Ás oito e media xa había
máis dunha ducia de persoas no salón do Centro Social, aínda que a presentación
estaba prevista para as nove. Antón sentíase algo nervoso, ollaba o reloxo con
frecuencia; era o seu gran momento, tería a oportunidade de falar publicamente
do seu proxecto: un pequeno museo da memoria do pobo no que, desde neno, pasaba
as
vacacións de verán e tamén tódalas fins de semana que podía. ¿Atoparía
entusiasmo entre os asistentes á reunión?
No hay comentarios:
Publicar un comentario