Enfronte
ó garaxe había unha libraría de vello, aínda que instalada nun edificio de
recente construción. Cando paso gústame ollar no escaparate; os libros
comparten espazo con cintas de vídeo, cedés e deuvedés, fotos antigas, tarxetas
postais... Aínda se poden mercar novelas do oeste en edicións de peto, daquelas
tan populares nos anos 50 e 60, que os rapaces íamos cambiar por unhas poucas
moedas...
No hay comentarios:
Publicar un comentario