lunes, 6 de mayo de 2013

Ordear parágrafos


Ordea os seguintes parágrafos para obter unha historia con sentido:

Decidiron facerlle un agasallo conxuntamente, entre outras razóns, porque ningún deles tiña idea de que poderían mercar.
Antón era partidario de convencer ás súas respectivas nais de que se ocuparan  do compromiso, aínda que ámbalas dúas se mostraran moi firmes na súa negativa cando llo comentaron por primeira vez.
Manuel e máis Antón están convidados á voda de Daniel, o seu compañeiro de piso.
Elas alegaban que, tanto Antón coma Manuel, xa eran o bastante adultos para cumprir coas súas obrigas.
Manuel optaba por ir a un centro comercial grande, así atoparían con seguridade algo que se axeitara ó seu presuposto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario