Solución:
Manuel e máis Antón están convidados á voda
de Daniel, o seu compañeiro de piso.
Decidiron facerlle un agasallo
conxuntamente, entre outras razóns, porque ningún deles tiña idea de que
poderían mercar.
Manuel optaba por ir a un centro comercial
grande, así atoparían con seguridade algo que se axeitara ó seu presuposto.
Antón era partidario de convencer ás súas
respectivas nais de que se ocuparan do
compromiso, aínda que ámbalas dúas se mostraran moi firmes na súa negativa
cando llo comentaron por primeira vez.
Elas alegaban que, tanto Antón coma Manuel,
xa eran o bastante adultos para cumprir coas súas obrigas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario