Hoxe foi a primeira vez que se reuniron tódolos compoñentes
da comisión de festas. ¡Xa era hora, pois apuro faltan dous meses para o San
Antonio! Lorena, a presidenta, trouxo algunhas propostas, aparte do programa
musical que é o que máis interés esperta: un concurso de baile por parellas,
unha degustación de tortas caseiras, unha exposición de fotografías do barrio
nos anos 60... Belén, a tesoureira, repartiu unha lista dos establecementos que
poderían colaborar monetariamente ou en especies e que teremos que visitar na
próxima semana...
No hay comentarios:
Publicar un comentario