Solución:
Pasaban uns minutos das dez da mañá e Andrea, a
panadeira, tiña a aquela hora unha clientela variopinta: estudantes, amas de
casa, empregados dos establecementos da rúa, paseantes e ata algúns turistas
atraídos sen dúbida polas larpeiradas dispostas coidadosamente no escaparate.
Estes, ademais de mercar, facían centos de preguntas sobre a elaboración
artesanal dos produtos. Andrea tiña sempre unha boa resposta para todas elas,
pois levaba na tafona desde que rematara a escola.
No hay comentarios:
Publicar un comentario