Cocotoloxía
Unha das finalidades do
Obradoiro de Cocotoloxía é a de recuperar figuras “tradicionais” que se
transmitían de pais/nais a fillas/os ou, máis aínda, de avós a netos; figuras
que moitos dos participantes non dobraban desde hai anos por diferentes
motivos, entre eles e se cadra o máis decisivo, a escasa valoración dos xogos
tradicionais e dos xoguetes artesáns fronte ós novos xogos e xoguetes da
modernidade introducidos pola publicidade e a televisión.
Entre estas figuras
tradicionais atopamos, ademais da inefable “pajarita” o “lazo”, tamén
denominado “estrela”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario