viernes, 12 de agosto de 2016

Creatividade

Falando coas cousas.
Xogo de grupo.
Cada participante escolle un obxecto calquera.
(Tamén podemos ter unhas papeletas cos nomes dos obxectos e que cada participante escolla un ó chou).
Exemplos:
reloxo;
gafas;
libro;
lapis;
zapato;
etc.
Cada un debe inventar unha conversa CON ese obxecto. Non se trata de describilo, senón de establecer unha relación con el, coma se dun ser animado se tratara.
Exemplo:
Conversa cun lapis.

Lembro cando te merquei; era pola tarde e tiña ansia por debuxar. O primeiro que fixemos xuntos foi unha margarida sobre unha folla do meu caderno de notas. ¡Que ben te adaptabas á miña man, con que suavidade te deslizabas e con que fidelidade reproducías os meus impulsos! Despois da margarida veu unha rosa e logo un tulipán...

No hay comentarios:

Publicar un comentario