Memoria auditiva. Xogo de grupo.
Adela, a rapaza que
traballaba no quiosco, tiña o pelo longo e usaba a diario pantalóns vaqueiros e
camisetas de algodón; dispuña dunha boa colección delas, de diferentes cores,
unhas lisas, outras con debuxos e as máis con algún tipo de inscrición. Era a
encargada de abrir o negocio e colocar cada xornal no sitio correspondente do
mostrador. Todo debía estar ben
organizado para despachar ós clientes coa maior dilixencia, pois a primeira
hora a xente anda co tempo contado...
No hay comentarios:
Publicar un comentario