Responde ás preguntas
formuladas tendo en conta a información que se proporciona:
- Onte pola tarde choveu moito, a pesares de estarmos en verán;
- Pablo e Martiño non saíron da casa;
- Salomé foi dar un paseo, pero non se mollou;
Solución:
- Pablo e Martiño son irmás: Coa información que temos non podemos afirmalo nin negalo;
- Martiño foi ó cine: Falso, Martiño non saíu da casa;
- Salomé está casada: Coa información que temos non podemos afirmalo nin negalo;
- Hoxe é o catro de abril: Falso, porque estamos no verán;
- Pablo veu unha película de terror: Non podemos afirmalo, pero podería ser certo se o fixo na casa;
- Martiño mollou os pés e tivo que muda-los calcetíns: Tamén podería ser certo a pesares de non saír se se mollou na casa;
- Onte pola mañá quentaba o sol: Puidera ser, non é incompatible con que chovera pola tarde;
- Salomé é amiga de Pablo: Coa información que temos non podemos afirmalo nin negalo;
- Onte facía frío: Non sabemos, que chovera non implica que fixera frío;
- Salomé saíu pola mañá: podería ser unha opción, pero tamén puido levar paraugas, por exemplo;
- Pablo, Martiño e Salomé viven na mesma localidade: Coa información que temos non podemos afirmalo nin negalo;
No hay comentarios:
Publicar un comentario