Aquela tarde non tiña gañas de traballar ; despois de todo, estabamos en agosto e, coa meirande parte das empresas pechadas por vacacións, non lle resultaría moi doado atopar aquen presentarlle o seu proxecto.
Levaba un par de meses tratando de plasmar en media ducia de folios as súas ideas de xeito conciso, claro e ata un tanto efectista na súa presentación; era o momento de darse un respiro e pensar noutra cousa que non foran datos e máis datos referidos ó consumo de froitas entre a población masculina de máis de cincuenta anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario