Nivel de dificultade: Medio;
Tempo estimado: entre 10 e 15 minutos, segundo o número de participantes;
Desenvolvemento do xogo: Sentados en corro; no sentido contrario ó do xiro das agullas do reloxio a partires do monitor.
Tema: "Imos ó supermercado";
O monitor dá comezo ó xogo dicindo:
"Eu vou mercar PAN...
A persoa que está á súa direita di:
"Eu vou mercar PAN e QUEIXO...
A seguinte:
"Eu vou mercar PAN, QUEIXO e TOMATES...
E así ata completar a ronda, cada persoa debe repeti-las palabras que foron dicindo os seus compañeiros e no memo orde no que foron ditas, máis engadir unha palabra máis con coidado de non repetirse.
Se o grupo non é moi numeroso (menos dunha ducia de persoas) podemos seguir e facer unha segunda ronda.
Variante:
Se ademais queremos que cada membro do grupo memorice o nome dos seus compañeiros podemos adoitar a fórmula:
"Marina mercou pan, Carmo, mercou queixo, Rocío mercou tomates...
No hay comentarios:
Publicar un comentario