Despois de escoitar a lectura dun texto, cada participante debe responder ás preguntas formuladas.
TEXTO: (elaboración
propia)
Alberto mercou tres libros
de horticultura na libraría mellor surtida do centro coa intención de
cultiva-lo terreo case abandonado que tiña detrás da súa casa. Sentía envexa de
ver ó seu veciño Xaquín pasa-las tardes disfroitando co coidado dos seus tomates, pementos,
xudías, cogombros e coles de Bruxelas, que logo soía repartir entre os amigos,
pois non era capaz de consumir todo aquilo que producía.
Alberto, informático de
profesión, nunca lle prestara moita atención á natureza e nin el mesmo sabía
por que mercara aquela casa de planta baixa nas aforas da vila, menos aínda
cunha horta de perto de douscentos metros cadrados.
Xaquín, pola contra,
precisaba o contacto coa terra para liberarse das tensións que lle provocaba o
seu traballo como condutor de ambulancia.
PREGUNTAS:
- ¿Como se chaman os protagonistas da historia?
- ¿Onde viven?
- ¿Que relación hai entre eles?
- ¿Que profesión ten cada un deles?
- ¿Que mercou Alberto?
- ¿Onde mercou?
- ¿Con que intención?
- ¿Que sentimento lle provocaba o seu veciño?
- ¿Que cultivaba Xaquín?
- ¿Que facía coa colleita?
- ¿Que superficie tiña a horta de Xaquín?
- ¿E a de Alberto?
- ¿Como era a casa de Alberto?
- ¿Canto lle costara?
- ¿Por que Xaquín se dedicaba a cultiva-la terra?
No hay comentarios:
Publicar un comentario