Elaboramos unhas
fichas nas que aparezan imaxes, debuxos, letras, símbolos, etc. Dúas fichas de
cada de cada imaxe e unha ficha por participantes; se o número de participantes
fora impar xogaría tamén o monitor. Un xeito moi doado de conqueri-las fichas é
empregando a publicidade gráfica das revistas (dos suplementos semanais dos
xornais, por exemplo), que pegaremos nun folio ou nunha cartuliña, pois é
preciso que polo reverso sexan lisas e idénticas.
Repartimos unha
ficha a cada participante quen, despois de ollala, colocaraa sobre a mesa cara
abaixo. Por quenda un participante amosará a súa ficha e pediralle a outro
compañeiro que amose a súa; se foran idénticas, as fichas quedarían casa arriba,
en caso contrario volverían a poñelas cara abaixo e sería o compañeiro da súa
dereita quen amosaría a súa ficha. Así ata que tódalas imaxes estiveran á
vista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario