Otilia levaba un pantalón
branco cunha camiseta amarelo limón e uns tenis de loneta. A mochila era azul.
Andrés levaba pantalón vaqueiro e camisa de cadros azuis; calzaba unhas sandalias
de coiro xa bastante gastadas. paráronse os dous no medio da praza para sacar
unhas fotos da iluminación colocada para as festas patronais e tamén do
cartelón que anunciaba as diferentes actividades: pasarrúas, concurso de debuxo
para os nenos, xogos populares e orquestras de baile polas noites...
No hay comentarios:
Publicar un comentario