A mesa tiña tres caixóns,
no de abaixo gardaba sobres, cuartillas, selos e unha libreta coas direccións
dalgúns amigos. Como xa non se escriben cartas, non importa que resulte un
pouco incómodo. No do medio, un tanto desordenado, había fotografías, postais,
programas de concertos e invitacións de diferentes eventos. No de arriba, ben á
man, ademais da súa axenda, estaba un caderno de tapas duras no que escribía
case a diario de todo aquilo que chamaba a súa atención...
No hay comentarios:
Publicar un comentario