Á hora do café xuntábanse
Andrés, Anxo, Vicente e Antón; unhas veces xogaban unha partida de cartas,
outras discutían de fútbol, de política ou de calquera novo do día. Se non
había moita xente, Servando, o dono da taberna, tamén se unía ó grupo narrando algunha das anécdotas
que lle aconteceran na súa mocidade, cando traballara nun hotel na Suíza
francesa. Algunhas historias xa as escoitaran varias veces, pero iso non
importaba, porque Servando tiña moita graza e sempre conseguía facelos rir...
No hay comentarios:
Publicar un comentario