Xogo de grupo.
Material necesario: lapis e
papel;
Cada participante escribe
algo sobre si mesmo: afeccións, teimas, aspiracións, prato favorito, último
agasallo que recibiu, cor favorita...;
Mestúranse os papeis de
tódolos participantes e o monitor (para evitar que se recoñezan pola
caligrafía) vai lendo cada un dos papeis, mentres os participantes van
escribindo o nome do compañeiro ó que coidan que corresponde.
Finalmente,
contabilizámo-lo número de acertos e teremos unha idea do nivel de
autocoñecemento dos integrantes do grupo. Tamén podemos realizar un gráfico de
redes que nos permitirá valora-la integración de cada un dos participantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario