Xogo de grupo
Non máis de sete ou oito
participantes.
Cada participante debe
elaborar unha pequena historia, aproximadamente 50 palabras, a partires dunha
frase.
Tódalas frases son
diferentes, pero teñen algún nexo entre si. Cada participante descoñece as
frases que lle corresponderon ós seus compañeiros.
Unha vez que cada alumno
ten o seu texto deben refundilo nun texto único que recolla a meirande parte da
información de cada un sen caer en anacronismos ou contradicións.
Óscar, Amparo e Sonia
eran amigos desde nenos...
|
Óscar tiña unha irmá que
aprendía a toca-lo violín na
Escola Municipal de Música...
|
Amparo vivía nunha pequena
casa nas aforas, por iso
empregaba a
diario a bicicleta...
|
A Sonia non lle gustaba o peixe
nin os chícharos...
|
Os pais de Óscar eran moi estritos
no tocante á educación dos seus
fillos...
|
Amparo levábase moi ben
cos seus avós...
|
A Sonia regaláranlle unha
cadeliña polo seu santo...
|
Óscar adestrábase tódalas
tardes para participar nunha
carreira pedestre...
|
As frases repártense ó
chou.
No hay comentarios:
Publicar un comentario