Xogo de grupo
Cada participante escolle ó
chou unha tarxeta na que hai escrita unha frase e marcadas unhas palabras
chave. Expresándose só con xestos debe conseguir que os compañeiros adiviñen o
contido da frase acertando tódalas palabras chave.
Poden servir frases coma
estas:
Un home moi alto que levaba sombreiro pediume unha esmola;
A muller choraba porque perdera as chaves do coche;
Dúas amigas (ou dous amigos) comen un filete con patacas
fritidas e comparten unha ensalada;
Está chovendo; unha persoa agarda o autobús que ven
con retraso;
A cociñeira prepara polbo á feira e ovos fritidos;
Un estudante prepara o seu exame de frauta; fai moito frío;
Unha persoa olla nerviosa un partido de tenis; o seu xogador
favorito está perdendo;
É noite; neva e na televisión emiten un concerto
de música clásica;
No hay comentarios:
Publicar un comentario