miércoles, 3 de julio de 2013

Ruxe-ruxe

Aníbal casou con Francisca cando ela cumpriu os vinte e un anos. El xa tiña trinta e  catro, pero era un bo partido: a tenda de ultramarinos que herdara de seus pais era un próspero negocio, sobre todo desde que abriron enfronte unha administración de loterías. Ademais, era bo mozo, alto, moreno e de andar garboso. Claro que Francisca tamén tiña as súas calidades: era a moza máis ocorrente, graciosa e espontánea de todo o contorno e ademais tiña uns ollos, ¡que ollos! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario