Nunha competición de ximnasia rítmica participan tres
deportistas: Marta, Sonia e Andrea. Cada unha delas debe facer unha exhibición
con cada un dos aparatos propios desta especialidade (balón, corda, mazas, aro
e cinta).
¿Cantas exhibicións veremos en total?
¿Como as organizarías?
Solución:
Haberá 15
exhibicións en total.
|
MARTA
|
SONIA
|
ANDREA
|
BALÓN
|
1
|
2
|
3
|
CORDA
|
4
|
5
|
6
|
MAZAS
|
7
|
8
|
9
|
ARO
|
10
|
11
|
12
|
CINTA
|
13
|
14
|
15
|
Para organizalas podemos escoller varios criterios no
tocante á orde de intervención de cada ximnasta (por unha sorte, por orde alfabética
do seu nome...) e tamén en canto ós aparatos (que os exercicios con cada
aparato sexan consecutivos, alternos...). Os participantes poden debater sobre
as vantaxes e os inconvintes de cada
opción. Esta parte do xogo podemos realizala por parellas.
Exercicios de Arte
Combinatoria:
Non se trata de aplicar ou adquirir coñecementos nesta
rama da matemática, senón de que cada alumno empregue un razoamento propio e
logo, na posta en común, faga unha valoración da súa eficacia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario