Material necesario:
Lapis e papel;
Trátase dun xogo
clásico por parellas que podemos converter nun xogo de grupo por equipos.
O obxectivo é adiviñar unha palabra, ocasionalmente dúas
(nome e apelido se se trata dun personaxe popular ou famoso), a partires de
varias pistas, unha sobre o contido
(siñificado) e as outras sobre a forma
(siñificante). Estas son sempre o número de letras da palabra ou palabras e a
letra inicial, ás veces tamén a letra final.
Exemplo: Supoñamos que a palabra que hai que adiviñar é GUITARRA, entón diremos como pista sobre o contido instrumento musical e escribiremos no
papel a letra inicial e tantos guións baixos como letras debe acertar o noso
contrincante
G _ _ _ _ _ _ _ ou G _ _ _ _ _ _
A
e outra vez
G _ _ _ _ _ _ _ ou G _ _ _ _ _ _
A
Se o xogador di unha letra que forma parte da palabra que
buscamos, colocámo-la na liña superior, no lugar que lle corresponda e se non
colocámola la liña inferior. O xogo remata cando se completa unha liña, se é a
superior quere dicir que o xogador acertou a palabra e agora será el quen
propoña a palabra seguinte. Se a liña que se completa é a inferior quere dicir
que non acertou e debe seguir “pandando”.
O número de erros permitidos é o mesmo que o número de
letras que hai que acertar.
Cando a palabra ten letras repetidas, dúas A, por
exemplo, colócanse as dúas.
Unha variante
do xogo consiste en sustituír a segunda liña por un boneco, o aforcado, de aí o nome no xogo, que
se vai debuxando en función dos erros. Se o boneco está completo antes de
conqueri-la palabra buscada, pérdese.
O número de trazos do boneco establécese antes de
comeza-lo xogo e é independente do número de letras da palabra buscada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario