Hai varios xogos que se poderían agrupar con este título.
Neste caso trátase dun xogo que practicaremos en grupo e
que ten como obxectivo busca-la palabra máis próxima, no tocante á orde alfabética,
a unha palabra dada, sempre en sentido descendente.
Non se trata de consulta-lo dicionario, senón de formar
palabras, ben sexa engadindo algunha letra ou letras á palabra dada, ben
sustituíndo a última letra ou letras por outra ou outras.
Exemplo:
Supoñamos que a palabra dada, que se escolle ó chou, é CASACA;
Os participantes dirán palabras como casamento, casar, casada, casación, casal, casadeira, casamata, etc.
E a palabra máis próxima será CASACIÓN.
Proba con outras palabras como:
PELOTA - CAPATAZ - PAPEL - FORMAL...
No hay comentarios:
Publicar un comentario