31
Marcos mercou uns tenis nas rebaixas e Adela unha
cazadora vaqueira. Entre os dous gastaron trinta e sete euros; dos cincuenta
que lles dera súa avoa aínda lles sobrou para ir tomar unhas cervexas ó bar no
que traballa Pedro, o seu curmán e onde servían unhas exquisitas tapas quentes.
Total: 50 palabras;
32
A libraría do barrio non abre ata as dez e media porque a
Adelaida, a súa propietaria, despois de deixar ós nenos no colexio, gústalle
dar unha volta polo mercado. Atenda de agasallos abre ás nove; a Margarida, a
empregada que fai a quenda da mañá, unha
muller xa entrada en anos, sempre lle gustou madrugar.
Pola contra, Mario, o perruqueiro, é moi pouco puntual,
cando chega case sempre ten xa algún cliente agardando na porta, pero sempre
atina cunha desculpa inxeniosa para evita-los reproches.
Total: 85 palabras;
No hay comentarios:
Publicar un comentario