martes, 10 de agosto de 2010
Cálculo numérico
Coas cifras 4, 3, 5 e 9 e as operacións de sumar, restar, multiplicar ou dividir aproximarse o máis posible ó número 123.
Nomes propios de persoa
Escribe nomes propios de persoa que conteñan as letras R e S.
Exemplos:
Servando, Rosario...
viernes, 6 de agosto de 2010
Solución ó acertixo
Un problema de moedas:
Teño 32 moedas aparentemente iguais, pero unha delas pesa máis que as outras.
¿Cantas pesadas teño que facer como mínimo cunha balanza de pratiños para atopa-la moeda defectuosa?
Solución:
Deberei facer 5 pesadas poñendo sucesivamente na balanza grupos de
16 moedas nun pratiño e 16 no outro ;
8 e 8;
4 e 4;
2 e 2;
1 e 1;
Rompecacholas con cartas
Collemo-los ases, reis, cabalos e sotas da baralla española que consta de catro paos (ouros, copas, espadas e bastos). Debemos formar coas 16 cartas un cadrado de 4X4 de xeito que en nengunha fila, en nengunha columna , nen nas diagonais haxa máis dunha carta do mesmo pao ou do mesmo valor.
¡¡Paciencia, podemos tardar en conseguilo!!
jueves, 5 de agosto de 2010
Apuntes para exercicios de agudeza visual
Apuntes para crear rompecacholas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)