domingo, 31 de julio de 2016

Solución a engadir unha letra

Forma palabras de cinco letras coas letras da palabra CERO e un comodín (unha letra calquera).
Exemplos:
Cobre, credo...

Solución:
A
careo, rócea, créoa, Corea (top.), acero
B
cobre
C
cerco, cocer
D
cerdo, credo
E
coree, réceo
F
cofre
G
greco (pref.)
H
chore
I
rocei, recio, cerio, críeo
L
clero, clore
M
merco, comer, Corme (top.), cremo
N
cerno, rocen
O
coreo, róceo
R
cerro, corre
S
ceros, roces, cores, coser, corsé, ocres
T
torce, cetro, terco, corte, creto, certo
U
creou
V
cervo


Acertixo

Nun grupo de amigos, todos son seguidores do Depor, agás 5; todos son seguidores do Celta, agás 3; todos son seguidores do Barça, agás 6.

¿Cantos seguidores hai de cada equipo e cantos amigos forman o grupo?

Formar palabras con letras

Forma palabras de tres ou máis letras coas letras

I
P
L
O
S
A

Exemplos:
Piso, país...
Ordena as palabras segundo o número de letras e trata de buscar anagramas entre elas.


Solución a cálculo numérico

Coas cifras 7, 3, 8, 4, 1 e as operacións de sumar, restar, multiplicar ou dividir, aproximarse o máis posible ó número 151.
Solución:
8-1=7
7x7=49
49x3=147

147+4=151

Pirámide invertida

Prescinde dunha letra en cada paso.

axigántense
axigántese
axigantes
xigantes
xigante
xantei
xante
neta
tan
na
a


Memoria auditiva

Lembra unha lista de palabras:
  • Amigo
  • Camiñante
  • Preferente
  • Esencial
  • Decente
  • Milenario
  • Comodín
  • Escena
  • Experimento
  • Recompensa

Total: 10 palabras;


Solución ó xogo do dicionario

Relaciona cada palabra co seu significado seguindo o exemplo.

Solución:

pelagatos
persoa que carece de posición social e económica
entalar
quedar unha cousa presa ou oprimida nun sitio estreito
marabuto
ermitán musulmán
monición
publicación que se fai na igrexa dos nomes
das persoas que queren casar
louro
Que ten o cabelo de cor castaña moi clara ou dourada
naseiro
Que pesca con nasas
brégolas
Home descoidado no vestir
salagre
Pouco amable ou afable.
pila
xerador que transforma en enerxía eléctrica a enerxía
producida por unha reacción química.


Cambiar unha letra

Cambia unha letra en cada paso seguindo o exemplo.
Continúa mentres poidas.

COBRA – CORRA – CORTA – PORTA – PORTO...

Agudeza visual

Ordena as letras para formar unha palabra con sentido.
Segue o exemplo.

EUTTRGAIO
GRATITUDE
AIOINSFNC

OALRETSED

DIIINPSDCLAO

SMXPIAA

TOAMSCAS

RDOMCEO

EEELCRB

ADLEBREI



Solución a cuestión de moedas

¿Cal é o menor número de moedas que preciso para pagar un produto que costa 3,65 €?
Solución:

Unha moeda de 2 €, unha moeda de 1 €, unha moeda de 50 céntimos, unha de 10 e unha de 5, así que 5 moedas.

Categorías

Escribe 5 palabras de cada unha das seguintes categorías.
Segue o exemplo.

MATERIAIS
APELIDOS
CORES
ZODIACO
ladrillo
García
verde
Capricornio






Solución a acertixo

Temos 5 bólas verdes e 5 bólas azuis nunha bulsa.
¿Cantas bólas teño que sacar cos ollos pechados para conseguir dúas bólas azuis?
Solución:
Supoñamos que a primeira bóla é azul, as cinco seguintes poden ser todas verdes e a continuación teremos necesariamente unha azul.
Tamén podería acontecer que as cinco primeiras bólas fosen verdes, as dúas seguintes serían azuis.
Así que a solución é: 7 bólas.

1
2
3
4
5
6
7
A
V
V
V
V
V
A
V
V
V
V
V
A
A


Buscar palabras

Escribe palabras que só conteñan a consoante T, con ou sen repetición.
Exemplos:

Teu, tutía... 

sábado, 30 de julio de 2016

Refraneiro

Comenta algún dos seguintes refráns, ditos ou expresións da fala popular:
  • Ser unha lebre corrida;
  • Para quen non quere ten meu pai moito;
  • Co tempo e unha cana;
  • A corda sempre rompe polo máis delgado;
  • Onde hai galo non manda galiña;
  • Ata lle ladran os cans;
  • Non ter un can que lle ladre;
  • Ter un can de palleiro;
  • Segundo te ven, así te tratan;
  • De Pascuas en Ramos;



Solución a categorización

Ordena por categorías as seguintes palabras:
Prato – ruído – atún – rosa – sardiña – caravel – berro – salmón – cunca – odio – anguía – cafeteira – redobre – troita – marmulo – garfo – ollomol – tulipán – culler – barullo – violeta – vaso – coitelo – ola – ladrido – cazo – aprecio – acorde – nardo – celos – hortensia – amizade – bacallau – azucena – relincho – caridade – lamprea – fidelidade;

Solución:
FLORES
PEIXES
AMOR
SONS
OBXECTOS
caravel
nardo
hortensia
azucena
rosa
tulipán
violeta
anguía
atún
bacallau
lamprea
ollomol
salmón
sardiña
troita
acorde
amizade
caridade
fidelidade
aprecio
celos
odio
berro
ladrido
relincho
marmulo
barullo
redobre
ruído
cafeteira
cazo
coitelo
culler
cunca
garfo
ola
prato
vaso



Pirámide invertida

Prescinde dunha letra en cada paso.

avariados
avariado
avaríao
varíao
varío
ario
aro
ar
a


Léxico

Escribe nomes de moedas que coñezas (tanto actuais como antigas).
Exemplos:

Euro, peseta, dólar...

Repentización

Preguntas que requiren respostas rápidas.
Cinco respostas para cada pregunta.
Utensilios que sirvan para cortar: tesoiras...
Nomes propios de persoa que rematen en S: Inés...
Sinónimos de mercar: comprar...
Nomes de alimentos que conteñan a letra R en posición intermedia: arroz...
Nomes de animais de pico: galiña...
Nomes propios de persoa que comecen por D: Donato..
Ritmos musicais: tango...
Nomes de alimentos que conteñan RR: arroz...
Utensilios que sirvan para escribir: lapis...
Edificacións públicas: igrexa...
Instrumentos musicais: piano...
Nomes de animais que conteñan a letra U en posición intermedia: rula...
Sinónimos de bo: excelente...
Xéneros cinematográficos: comedia...