viernes, 31 de agosto de 2012

Solución a atopar gazapos


“Ás tres da tarde contaron o tráfico na rúa da Figueiras Torta por mor das obras de restauración da fachada da biblioteca infantil. A pesares de teren avisado des te (deste) corte con antelaación, algún despistada non retirou o cohce (coche) a tempo e algúns forasiteros (forasteiros), para aforra-los cartos do aparcamento subterráneo, deixaron os seus, de xeitio (xeito) que, cando chegou a brigada tivo que agradar (agardar) case un parr de horas a que a Policía Municipial retirara tódolos vehículos.”

As cinco vogais (2)

Escribe palabras que conteñan as cinco vogais.
Exemplos:
Descubridora, cautivemos...

Solución a categorización

Como as palabras dadas corresponden a campos semánticos moi variados, eleximos como criterio para a categorización a letra inicial de cada palabra; tamén podiamos escoller a letra final, o número de sílabas ou de letras, o xénero, etc.

A
C
P
T
Z
abeto
arame
abano
almacén
azucre   
aguacate
albanel
alicates
azafrán
cabra
caixa
carbón
calor
comodín
cor
cobra
camión
capataz
cobre
cotovía 
coroa
cunca
cántaro
cordel
cantor
carmín
paiaso
pixama 
papel 
pantalón 
pantera 
parto
prazo
palmeira
pitón 
pera
pastel
porteiro
pintor
pacto
pulseira
touro
toupa  
tortilla
tabasco
tapón
trombón
torre
tartaruga
toureiro
tarxeta

zoco
zapato    
zapatilla 
zapateiro 
zorza 
zócalo 



Palabras encadeadas


A última sílaba de cada palabra é a primeira da seguinte.
Exemplo:
Prato – tomate…

Atopar gazapos


Atopa "gazapos" no seguinte texto:

“Ás tres da tarde contaron o tráfico na rúa da Figueiras Torta por mor das obras de restauración da fachada da biblioteca infantil. A pesares de teren avisado des te corte con antelaación, algún despistada non retirou o cohce a tempo e algúns forasiteros, para aforra-los cartos do aparcamento subterráneo, deixaron os seus, de xeitio que, cando chegou a brigada tivo que agradar case un parr de horas a que a Policía Municipial retirara tódolos vehículos.”

Categorización


Ordea por categorías as seguintes palabras:

Abeto, cabra, paiaso, touro, zoco, caixa, arame, carbón, pixama, abano, calor, papel, toupa, comodín, pantalón,  almacén, cor, pantera, cobra, parto, tortilla, zapato, azucre, camión, prazo, aguacate, capataz, palmeira, pitón, pera, cobre, tabasco, cotovía, coroa, cunca, zapatilla, pastel, tapón, cantor, porteiro, carmín, albanel, zapateiro, trombón, zorza, cántaro, alicates, torre, pintor, cordel, tartaruga, pacto, zócalo, toureiro, tarxeta, pulseira, azafrán.

Solución a cálculo


Averigua os valores de A e de B na seguinte suma:


3
5
B
1
A
+
A
1
B
5
6

7
7
6
7
0

Solución:
A=4; B=8;

Solución a buscar palabras


Escribe palabras que rematen en “ARO”.
Exemplos:
Faro, descaro...
Aro, avaro, raro, túzaro, ácaro, Baró (apelido), caro, Xenaro (nome), paro, amparo, desamparo, disparo, reparo, comparo, claro, húngaro, separo, Amaro (nome), Charo (dim.), búlgaro, xílgaro, pícaro, Ícaro (nome), cómaro, taro, cánto, cátaro...

Debate: xogo de grupo


Temas para o debate 


Cálculo


Averigua os valores de A e de B na seguinte suma:


3
5
B
1
A
+
A
1
B
5
6

7
7
6
7
0

Buscar palabras


Escribe palabras que rematen en “ARO”.
Exemplos:
Faro, descaro...

miércoles, 29 de agosto de 2012

Solución a charada


PRIMA-TERCIA: Para durmir;
PRIMA-SEGUNDA: Chámanlle así á Osa Maior;
CUARTA-PRIMA: Para cubri-la cabeza;
CUARTA-TERCEIRA: Ten;

Solución:
CAMA
CARRO
TOCA
TOMA
CARROMATO

Solución a cálculo

Coas cifras 9, 3, 5, 4 e 6 e as operacións de sumar, restar, multiplicar ou dividir, aproximarse o máis posible ó número 341.


Solución:
9x3=27
27+4=31
5+6=11
11x31= 341

Agudeza visual




Charada


PRIMA-TERCIA: Para durmir;
PRIMA-SEGUNDA: Chámanlle así á Osa Maior;
CUARTA-PRIMA: Para cubri-la cabeza;
CUARTA-TERCEIRA: Ten;

Cálculo


Coas cifras 9, 3, 5, 4 e 6 e as operacións de sumar, restar, multiplicar ou dividir, aproximarse o máis posible ó número 341.

Pirámide


Agudeza visual





Solución a léxico


Escribe nomes de animais que conteñan as letras C e N.

Exemplos:
Nécora, canguro...
Centola, cisne, cormorán, cangrexo, orangután, can, alacrán, rinoceronte, pelicano, carneiro, camarón, camaleón, congro, tucano, pancho, ornitorrinco, canario, lince, caimán, codorniz...

Solución a cálculo

Coas cifras 3, 8, 5, 9 e 2 e as operacións de sumar, restar, multiplicar ou dividir, aproximarse o máis posible ó número 146.


Solución:
3+5=8
8x8=64
64+9=73
73x2=146

Solución a buscámo-la millor resposta

¿Cal é a diferencia entre una caixa e un caixón?

a) A caixa é un obxecto independente case sempre, mentres que o caixón pode formar parte dun móbel;

b) O caixón soe ser dun material máis consistente, mentres que a caixa pode ser dun material calquera (papel, cartón, plástico...);

c) O caixón non soe ter tapadeira, mentres que a caixa si;

Léxico


Escribe nomes de animais que conteñan as letras C e N.

Exemplos:
Nécora, canguro...

sábado, 25 de agosto de 2012

Cálculo


Coas cifras 3, 8, 5, 9 e 2 e as operacións de sumar, restar, multiplicar ou dividir, aproximarse o máis posible ó número 146.

Buscámo-la millor resposta


¿Cal é a diferencia entre una caixa e un caixón?

Solución a nomes propios de persoa


Escribe nomes propios de persoa que conteñan as letras V, I, O.
Exemplos:
Avelino, Victoria…

MASCULINOS
FEMININOS
Avelino, Víctor, Victorino,
Ovidio, Valentino, Octavio,
Etelvino, Servio, Primitivo,
Virgilio, Venancio, Severino,
Avito, Leovigildo, Viriato,
Silvino, Silvano…
Victoria, Ovidia, Olvido,
Visitación, Octavia, Olivia,
Leovigilda, Violeta, Ivonne,
Violante…

Solución a polisemia


Solución ó xogo do dicionario

ZOCAR: Apretar;

HIPOGRIFO: Cabalo alado;

CHIRIBITIL: Cuartucho, sobrado, faiado;

MURADOR: Gato;

AZOCAR: Facer un nó moi apretado;

Atención


A base de acotar inferior e superiormente dar co número 547

11
99
123
249
350
547
585
638
778
803
900

Nomes propios de persoa


Escribe nomes propios de persoa que conteñan as letras V, I, O.

Exemplos:
Avelino, Victoria…

Polisemia


Busca diferentes siñificados para a palabra CAIXA.

Xogo do dicionario


XOGO DO DICIONARIO
Escolle a resposta axeitada:

ZOCAR:

A) Camiñar con zocas;

B) Apretar;

C) Equivocarse;

HIPOGRIFO:

A) Grifo pequeno, espita;

B) Cabalo alado;

C) Inscrición antiga, grabado;

CHIRIBITIL:

A) Persoa pouco asisada;

B) Cuartucho, sobrado, faiado;

C) Chabolo;

D) Pasador metálico;

MURADOR:

A) Persoa que constrúe murallas;

B) Gato;

C) Ferramenta de albanel;

D) Pequena abertura na parte inferior da porta para entrar e saír o gato;

AZOCAR:

A) Darlle forma a unha zoca;

B) Limpar, desinfectar;

C) Facer un nó moi apretado;

viernes, 24 de agosto de 2012

Solución a cálculo

Coas cifras 3, 8, 5, 9 e 2 e as operacións de sumar, restar, multiplicar ou dividir, aproximarse o máis posible ó número 128.

Solución:
3+8=11
11x5=55
55+9=64
64x2=128

Solución a engadir unha letra


Forma palabras de 5 letras coas letras da palabra CAZO e un comodín (una letra calquera).
Exemplos:
Calzo, zocas…

A
Azoca
L
Calzo, colza
N
Cazón, cozan, zanco, nazco, zocan
O
Azoco
R
Corza, zocar,
S
Zocas, cozas, cazos
U
Cazou

Solución a arte combinatoria


Nunha competición de ximnasia rítmica participan tres deportistas: Marta, Sonia e Andrea. Cada unha delas debe facer unha exhibición con cada un dos aparatos propios desta especialidade (balón, corda, mazas, aro e cinta).
¿Cantas exhibicións veremos en total?
¿Como as organizarías?

Solución:
Haberá 15 exhibicións en total.


MARTA
SONIA
ANDREA
BALÓN
1
2
3
CORDA
4
5
6
MAZAS
7
8
9
ARO
10
11
12
CINTA
13
14
15

Para organizalas podemos escoller varios criterios no tocante á orde de intervención de cada ximnasta (por unha sorte, por orde alfabética do seu nome...) e tamén en canto ós aparatos (que os exercicios con cada aparato sexan consecutivos, alternos...). Os participantes poden debater sobre as vantaxes e os inconvintes  de cada opción. Esta parte do xogo podemos realizala por parellas.

Exercicios de Arte Combinatoria:
Non se trata de aplicar ou adquirir coñecementos nesta rama da matemática, senón de que cada alumno empregue un razoamento propio e logo, na posta en común, faga unha valoración da súa eficacia.

Cálculo

Coas cifras 3, 8, 5, 9 e 2 e as operacións de sumar, restar, multiplicar ou dividir, aproximarse o máis posible ó número 128.

Engadir unha letra


Forma palabras de 5 letras coas letras da palabra CAZO e un comodín (una letra calquera).
Exemplos:
Calzo, zocas…

Arte combinatoria


Nunha competición de ximnasia rítmica participan tres deportistas: Marta, Sonia e Andrea. Cada unha delas debe facer unha exhibición con cada un dos aparatos propios desta especialidade (balón, corda, mazas, aro e cinta).
¿Cantas exhibicións veremos en total?
¿Como as organizarías?

jueves, 23 de agosto de 2012

Solución á palabra intrusa


Solución:
AGRICULTOR: Comeza por vogal; ten catro sílabas;
MURADOR: Non é un oficio, é un gato cazador;
MÉDICO: Leva tilde; non remata en R; non leva o A;
LABRADOR: É a única que ten una vogal repetida, o A;

Deletrear


A diferenza do que acontece nos países anglosaxóns, nos que a pronunciación e a escritura dunha palabra difiren bastante, no noso país non estamos acostumados a deletrear xa que, tanto que empreguémo-lo galego  coma o castelán, en ámbalas dúas linguas a pronunciación e a escritura está moi próximas; si acaso diremos se é con B ou con V ou se leva o H.
Pero ás veces é preciso deletrear cando lle proporcionamos datos concretos a outra persoa (nomes propios, apelidos, direccións postais, de correo electrónico ou web, marcas comerciais, medicamentos...) para asegurarnos de que non haxa erros ortográficos.

Exercicios:
1. Cada un dos participantes debe deletrear o seu home.
Exemplo: Mónica
M de Madrid
O de Oviedo
N de Navarra
I de Italia
C de Coruña
A de Alacante
O máis habitual é empregar o nome de cidades ou provincias española, pero non sempre. É interesante contrastar o método empregado por cada un.

2. Deletrear palabras calisqueira:
CAPITANEAR - DESCUARTIZAR - COMPETICIÓN...
  

A palabra intrusa


Unha das palabras non ten relación coas outras.

AGRICULTOR

MURADOR

LABRADOR

MÉDICO

PICADOR

Solución a formar palabras con sílabas


Tema: Mariscos
Pista: A letra inicial
AMEIXA
CANGREXO
CIGALA
LANGOSTA
LANGOSTIÑO
MEXILÓN
NAVALLA
NÉCORA
OSTRA
PERCEBE
SANTIAGUIÑO
VIEIRA