lunes, 20 de agosto de 2012

Recopilación de "ruxe-ruxes" varios (10)


33
Na froitería, ademais de Camilo, o propietario, traballaban tres rapazas: Celia, Beatriz e Amada; Celia e Amada eran curmáns. Como o establecemento abría ás nove da mañá e non pechaba ata perto das dez da noite, facían quendas.
Eu prefería mercar a última hora da mañá, non había tanta clientela e así podía preguntar pola procedencia das froitas que non eran de tempada, inclusive polo seu nome, xa que algunhas me resultaban descoñecidas.
(73 palabras)

34 (Numérico)
Era venres, oito de xuño. Ás sete e media da mañá collera un taxi para ir ó aeroporto. O seu avión tiña a saída prevista para as nove e cuarto, pero despegou con máis de vinte minutos de retraso por mor da néboa. Adolfo non se preocupou moito por este retraso, tiña por diante catro semanas de vacacións nas que só pretendía disfroitar do Sol, da auga e da paisaxe.
(70 palabras)

No hay comentarios:

Publicar un comentario