miércoles, 22 de agosto de 2012

Xogos de grupo; o aforcado


Material necesario: Lapis e papel;
Trátase dun xogo clásico por parellas que podemos converter nun xogo de grupo por equipos.
O obxectivo é adiviñar unha palabra, ocasionalmente dúas (nome e apelido se se trata dun personaxe popular ou famoso), a partires de varias pistas, unha sobre o contido (siñificado) e as outras sobre a forma (siñificante). Estas son sempre o número de letras da palabra ou palabras e a letra inicial, ás veces tamén a letra final.

Exemplo: Supoñamos que a palabra que hai que adiviñar é GUITARRA, entón diremos como pista sobre o contido instrumento musical e escribiremos no papel a letra inicial e tantos guións baixos como letras debe acertar o noso contrincante

G _ _ _ _ _ _ _  ou  G _ _ _ _ _ _ A

e outra vez

G _ _ _ _ _ _ _   ou  G _ _ _ _ _ _ A

Se o xogador di unha letra que forma parte da palabra que buscamos, colocámo-la na liña superior, no lugar que lle corresponda e se non colocámola la liña inferior. O xogo remata cando se completa unha liña, se é a superior quere dicir que o xogador acertou a palabra e agora será el quen propoña a palabra seguinte. Se a liña que se completa é a inferior quere dicir que non acertou e debe seguir “pandando”.
O número de erros permitidos é o mesmo que o número de letras que hai que acertar.
Cando a palabra ten letras repetidas, dúas A, por exemplo, colócanse as dúas.
Unha variante do xogo consiste en sustituír a segunda liña por un boneco, o aforcado, de aí o nome no xogo, que se vai debuxando en función dos erros. Se o boneco está completo antes de conqueri-la palabra buscada, pérdese.
O número de trazos do boneco establécese antes de comeza-lo xogo e é independente do número de letras da palabra buscada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario