viernes, 24 de agosto de 2012

Solución a arte combinatoria


Nunha competición de ximnasia rítmica participan tres deportistas: Marta, Sonia e Andrea. Cada unha delas debe facer unha exhibición con cada un dos aparatos propios desta especialidade (balón, corda, mazas, aro e cinta).
¿Cantas exhibicións veremos en total?
¿Como as organizarías?

Solución:
Haberá 15 exhibicións en total.


MARTA
SONIA
ANDREA
BALÓN
1
2
3
CORDA
4
5
6
MAZAS
7
8
9
ARO
10
11
12
CINTA
13
14
15

Para organizalas podemos escoller varios criterios no tocante á orde de intervención de cada ximnasta (por unha sorte, por orde alfabética do seu nome...) e tamén en canto ós aparatos (que os exercicios con cada aparato sexan consecutivos, alternos...). Os participantes poden debater sobre as vantaxes e os inconvintes  de cada opción. Esta parte do xogo podemos realizala por parellas.

Exercicios de Arte Combinatoria:
Non se trata de aplicar ou adquirir coñecementos nesta rama da matemática, senón de que cada alumno empregue un razoamento propio e logo, na posta en común, faga unha valoración da súa eficacia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario