jueves, 23 de agosto de 2012

Xogo do dicionario


Hai varios xogos que se poderían agrupar con este título.
Neste caso trátase dun xogo que practicaremos en grupo e que ten como obxectivo busca-la palabra máis próxima, no tocante á orde alfabética, a unha palabra dada, sempre en sentido descendente.
Non se trata de consulta-lo dicionario, senón de formar palabras, ben sexa engadindo algunha letra ou letras á palabra dada, ben sustituíndo a última letra ou letras por outra ou outras.
Exemplo:
Supoñamos que a palabra dada, que se escolle ó chou, é CASACA;
Os participantes dirán palabras como casamento, casar, casada, casación, casal, casadeira, casamata, etc.
E a palabra máis próxima será CASACIÓN.

Proba con outras palabras como:
PELOTA - CAPATAZ - PAPEL - FORMAL...

No hay comentarios:

Publicar un comentario