Mostrando entradas con la etiqueta o xogo do diccionario. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta o xogo do diccionario. Mostrar todas las entradas

viernes, 27 de septiembre de 2013

Xogo de docionario

Asocia cada palabra co seu significado seguindo o exemplo.

aloumiñar
Probar a veracidade ou autenticidade de algo
ouvear
Traballar moito e con afán
picar
Traballar en calquera cousa a medias
e sen maña
arrolar
Peneirar
fozar
Facer caricias ou aloumiños
bourar
Andar balanceando as cadeiras, de xeito
semellante aos parrulos
carrandear
Facer un ou máis buratos cun obxecto
rematado en punta
repenicar
Balancear un berce  para adormenta-lo neno
acreditar
Emitir sons agudos e fortes ou palabras
en voz moi alta
barutar
Tocar con mestría un instrumento,
especialmente de percusión


sábado, 9 de febrero de 2013

Xogo do dicionario


Escolle o siñificado que che semelle máis axeitado para cada palabra
SOFRAXE:

  1. Rodo, peza que adorna a parte inferior da saia;
  2. Tristura, pesadume;
  3. Parte posterior do xeonllo;

QUINTEIRO:

  1. Soldado de reemplazo;
  2. Terreo situado na parte posterior da casa;
  3. Propietario;

BACURIÑO:

  1. Porco pequeno;
  2. Anano, de escasa estatura;
  3. Tímido, pouco atrevido;

FACHENDA:

  1. Rabaño;
  2. Aspecto físico;
  3. Presunción, vanidade;

martes, 18 de septiembre de 2012

Xogo do dicionario


Marca a resposta que consideres correcta:



CÓDICE
  1. Libro antigo;
  2. Manuscrito;
  3. Código, clave, contrasinal;


Ó CHOU
  1. ó abrigo, protexido do aire e do frío;
  2. a carón, arrimado;
  3. sen escoller, sen pensar;


PREA
  1. camisa que deixa a culebra despois da muda;
  2. mancha na roupa, principalmente de graxa;
  3. ferramenta de carpinteiro;




jueves, 23 de agosto de 2012

Xogo do dicionario


Hai varios xogos que se poderían agrupar con este título.
Neste caso trátase dun xogo que practicaremos en grupo e que ten como obxectivo busca-la palabra máis próxima, no tocante á orde alfabética, a unha palabra dada, sempre en sentido descendente.
Non se trata de consulta-lo dicionario, senón de formar palabras, ben sexa engadindo algunha letra ou letras á palabra dada, ben sustituíndo a última letra ou letras por outra ou outras.
Exemplo:
Supoñamos que a palabra dada, que se escolle ó chou, é CASACA;
Os participantes dirán palabras como casamento, casar, casada, casación, casal, casadeira, casamata, etc.
E a palabra máis próxima será CASACIÓN.

Proba con outras palabras como:
PELOTA - CAPATAZ - PAPEL - FORMAL...

miércoles, 7 de septiembre de 2011

O xogo do dicionario

Modalidade 1:
Trátase de atopar unha palabra a partires da súa definición. Podemos empregar definicións "oficiais" (tiradas do Diccionario da Real Academia) ou definicións máis espontáneas coma nos seguintes exempros:

Definición: Tocado con prumas;
Solución: Indio;

Para que resulte máis doado podemos facilitar a letra inicial de cada palabra.
Proba coas seguintes:

Definicións:
a) Prenda de vestir que ten nome de país; Solución: B...
b) Emprega a rede para sobrevivir; Solución: M...
c) Oficio de intermediario; Solución: M...