miércoles, 20 de julio de 2016

Xogando coas letras

Neste caso trátase de formar unha frase o máis longa posible, pero correcta desde o punto de vista sintáctico e gramatical, con palabras que comecen cunha letra dada.
Exemplos:
Coa letra A:
Ana anda analizando almanaques antigos almacenados antes do amañecer por artistas amantes das antigüidades americanas...
Coa letra P:
Pepe Pérez Pirixel pelexaba permanentemente porque pretendía poder preguntar ó presidente polo prezo das patacas perigosas...


No hay comentarios:

Publicar un comentario