lunes, 7 de septiembre de 2009

Categorización

Ordea por categorías as seguintes palabras:
camiseta, lavadora, blusón, pera, platino, exprimidor, ferro, albornoz, mazá, tren, bufanda, microondas, carreta, fresa, cobre, autobús, camisón, avión, teléfono, medias, reloxo, pexego, ouro, canoa, bañador, calculadora, plomo, uvas...


A propósito da categorización de palabras:
Sempre que presentamos un exercicio deste tipo, os alumnos tenden a agrupa-las palabras dacordo co seu siñificado e non polas características das palabras como tales. Así, se temos
CABALO - LEÓN - ÁRBORE - FLOR
distinguirán CABALO e LEÓN como ANIMAIS e ÁRBORE e FLOR como perteñecentes ó REINO VEXETAL, sen reparar, por exempro, que CABALO e ÁRBORE teñen 6 letras, mentres que LEÓN e FLOR teñen 4, ou que as primeiras rematan en vogal e as segundas en consoante.
O noso obxectivo é que poidan facer o exercicio establecendo un criterio, é dicir, unha régula, despois de analizar dalgún xeito as palabras dadas; que o apliquen correctamente e valoren a súa "eficacia", que tódalas palabras poidan enmarcarse facilmente nunha categoría, por exempro, e a súa simplicidade, que non se obteña o mesmo resultado aplicando un criterio máis sinxelo.

Por outra banda, podemos adoitar a norma de que unha mesma palabra non poida perteñecer a máis dunha categoría (agrupando as palabras segundo o seu número de letras, p.e.) ou que non haxa categorías cunha soia palabra... Iso depende dos niveis de dificultado cos que queiramos traballar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario