martes, 27 de octubre de 2009

Xogo de grupo: telentendengue paralelepípedo

Material necesario: ningún;
Desenvolvemento do xogo:
Os participantes séntanse formando un corro; a partires do que está sentado inmediatamente á dereita da persoa que dirixe o xogo e no sentido contrario ó xiro das agullas do reloxo, empezan a contar desde o 1 ata o 100, sustituíndo o 7 por telentendengue e o 9 por paralelepípedo;
Por exemplo:
1, 2, 3, 4, 5, 6, telentendengue, 8, paralelepípedo, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, dez e telentendengue, 18, dez e paralelepípedo, 20, 21..., vinte e telentendengue, 28, vinte e paralelepípedo, 30... telentendengue un, telentendengue dous... telentendengue telentendengue, telentendengue oito, paralelepípedo, 80, 81...

Para incrementa-la dificultade do xogo e conquerir un maior nivel de atención, cada vez que alguén di algunha das palabras telentendengue ou paralelepípedo podemos cambia-lo sentido da participación.
Con palabras de difícil pronunciación a meirande parte dos participantes trabucaranse, de xeito que o xogo tamén se pode empregar nos obradoiros de risoterapia.
Tamén podemos escoller palabras máis sinxelas como burato e penedo, por exemplo, ou sustituír outros números, o 3 e o 8, poñamos por caso, percurando que sexan primos entre si, pois doutro xeito sempre lle tocará a sustitución ás mesmas persoas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario