martes, 9 de febrero de 2010

Como facer pequenos "rompecacholas"

Como facer pequenos "rompecacholas" para utilizar non obradoiros de estimulación cognitiva.
Material necesario:
  • Tesouras
  • Regla, escuadra (podemos prescindir dela se empregamos unha folla de papel cuadriculado ou milimetrado), lapis
  • Papel
  • Cartón
  • Papel de regalo, folios de cores ou follas de revistas ou folletos publicitarios
  • Cola para pegar

Nos seguintes exemplos o rompecacholas é un cadrado que debemos construír a partires dun certo número de pezas.






Proceso:
Paso 1:

Debuxámo-lo cadrado e dividímolo en partes coa axuda da regla. Cantas máis partes máis dificultade.

Paso 2:

Forrámo-lo cartón co papel de regalo ou os folios de cores. Se o forramos polas dúas caras co mesmo papel terá unha millor presentación, será máis difícil resolvelo porque cada peza podería ser colocada de dous xeitos diferentes.

Paso 3:

Recortamos sobre o cartón forrado cada unha das partes nas que dividímo-lo cadrado e o rompecacholas xa está listo para ser resolto.



No hay comentarios:

Publicar un comentario