sábado, 5 de marzo de 2011

Memorizar números

O recurso máis utilizado para memorizar números grandes consiste en agrupar as cifras en secuencias de dúas ou tres, analizando cada grupo e tratando de establecer relacións entre as súas cifras e tamén co resto dos grupos.

Exempro:
Trataremos de memoriza-lo número
313747

Dividímolo en 313 - 747

Observamos que os dous grupos están formados por números capicúas e que o segundo se obtén do primeiro sumando 3 a cada unha das cifras, así abonda con que lembremos que o noso número grande ten 6 cifras e comeza por 31.

No hay comentarios:

Publicar un comentario