sábado, 28 de enero de 2012

Charadas


A Charada é un acertixo que consiste en averiguar una palabra (TODO) a partires das pistas que se proporcionan sobre as súas sílabas e a combinación das mesmas.
As sílabas identíficanse coma  PRIMA, SEGUNDA, TERCIA, CUARTA, QUINTA…; e ás combinacións  silábicas referímonos coma PRIMA-SEGUNDA, CUARTA-TERCIA, TERCIA-PRIMA, PRIMA-CUARTA-TERCIA…
Exempro:

TODO
Barcelona
PRIMA
bar
SEGUNDA
ce
TERCIA
lo
CUARTA
na
SEGUNDA-PRIMA
cebar
CUARTA-SEGUNDA
nace
Etc.



As Charadas aparecen ás veces na sección de Pasatempos dalgúns xornais ou revistas. Moitos dos alumnos descoñecían a mecánica deste acertixo, así que non tentaran nunca de resolvelo.

Por iso  elaborei algunhas sinxelas coma as seguintes:

TERCIA-PRIMA: árida, sen auga;
TERCIA-CUARTA: cogumelo;
CUARTA-PRIMA-CUARTA: para aprender a andar;
TERCIA-SEGUNDA: só a medias;

Se atopou SE-CA, SE-TA, SE-MITA-CA-TÁ, a solución será CAMISETA;


Outra máis:

PRIMA-SEGUNDA: A nai colle nel ó meniño cando chora;
PRIMA-CUARTA: Algúns compositores empregan ese recurso;
CUARTA-TERCIA: Donará, entregará;
TERCIA-SEGUNDA: Pouco tupido;

Debe atopar: CO-LO, CO-DA, DA-RÁ e RA-LO;
Así que a solución é COLORADA;





No hay comentarios:

Publicar un comentario