jueves, 6 de diciembre de 2012

Ruxe-ruxe


Un home fraco mercou un paraugas verde na tenda da esquina por sete euros; ó chegar á praza, ollou se alguén o seguía e, como non veu a ninguén, abriu o paraugas e deu unha volta ó redor; pechou o paraugas, meteuno con coidado na bulsa da tenda e dirixiuse tranquilamente á para do autobús. Era martes e non chovía. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario