sábado, 16 de febrero de 2013

Ruxe-ruxe


Luisa mercou nas rebaixas uns botíns por dezanove euros, un paraugas por catro con cincuenta e unha pasmina por seis. A súa amiga Carme só mercou un pucho de lá por dous euros, despois de probar máis de media ducia de pantalóns e outras tantas camisetas, que foi descartando por unha ou outra razón.
Despois de pasar toda a tarde de tendas estaban cansas e tomaron un chiculate con churros nunha cafetería.

No hay comentarios:

Publicar un comentario