viernes, 19 de abril de 2013

Ruxe-ruxe


Enfronte ó garaxe había unha libraría de vello, aínda que instalada nun edificio de recente construción. Cando paso gústame ollar no escaparate; os libros comparten espazo con cintas de vídeo, cedés e deuvedés, fotos antigas, tarxetas postais... Aínda se poden mercar novelas do oeste en edicións de peto, daquelas tan populares nos anos 50 e 60, que os rapaces íamos cambiar por unhas poucas moedas...

No hay comentarios:

Publicar un comentario