viernes, 14 de junio de 2013

Ruxe-ruxe

Para facer un equipo fan falla polo menos dúas persoas e un obxectivo. Tamén algunhas normas e un certo grao de tolerancia e complicidade. Cándida e Marcial souberon mesturar todo iso nas proporcións axeitadas e acadaron éxito como deseñadores gráficos. Algúns dos seus traballos chegaron a publicacións de ámbito nacional e ata conseguiron algún premio. Teñen unha boa carteira de clientes e poderían amplia-lo negocio, pero teñen medo que a maxia da compenetrenación se rompa coa chegada dunha terceira persoa. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario